Se tocan a unha tócannos a todas

Manifesto

Paremos os xuízos políticos

Defendamos as liberdades públicas

Por iso cómpre deixarlles claro que con isto non van lograr que abandonemos a rúas e que por tras de Chema estamos moitas máis. Contra a represión, damos unha resposta social e política: impulsamos de forma mancomunada dúas mobilizacións para solicitar a total absolución de Chema e facemos un chamamento á sociedade e aos medios de comunicación para que ecoen este caso e o denuncien a todos os niveis.

Os feitos

O 30 de maio de 2017 celebrábase en Compostela unha mobilización contra o desaloxo do CSO Escárnio e Maldizer. Poucos metros despois do seu comezo os axentes antidisturbios da Policía Española iniciaron unhas cargas a todas luces desproporcionadas contra o milleiro de persoas que alí se manifestaban. 

Así foi como os propios axentes empezaron uns disturbios que os medios aliados se encargarían de criminalizar ao longo dos seguintes meses. 

Por se isto fose pouco, poucos segundos despois do comezo das cargas, os policías deixaron inconsciente dun porrazo ilegal na cabeza ao compañeiro Chema Naia, ao cal detiveron sen prestarlle o socorro que a lei obriga.

As consecuencias

A consecuencia de todo isto, nos seguintes días foron detidas tamén outras 9 compañeiras, que a día de hoxe están absoltas ao desestimárense as inverosímiles acusacións contra elas. Porén, o compañeiro Chema foi máis alá e atreveuse a denunciar o trato vexatorio que a Policía Española tivo cara el, recibindo como resposta unha denuncia por agresión a 6 antidisturbios, entre outros cargos igual de cribles. 

O Estado, coma calquera que queira reparar, sabe que Chema non é culpable destes cargos, pero tampouco pretende castigalo por eles. Este castigo cara Chema é un aviso para todas as persoas que nos mobilizamos contra esa e outras causas xustas. Reprimíndoo a el pretenden instaurar o medo á protesta e á organización política e social.

A solidariedade

É por isto que somos todas nós as que debemos respostar a este ataque, non só para loitar contra esta causa inxusta, senón para demostrarlles que a represión, no canto de desmobilizarnos, faranos máis fortes. 

Así, o pasado día 10 de xuño comezou unha campaña de apoio co obxectivo de socializar o caso de Chema e unir forzas perante o xuízo que terá lugar a finais deste mesmo ano. 

Cómpre deixarlles claro que non van poder con nós e que detrás de Chema estamos moitas máis.

O que non verás na TV

Lista de vídeos

2 Videos